O sábado teremos un corredor de ventos do norte. Por tanto, teremos chuvascos que serán probables na metade norte. A cota de neve baixando durante o día aos 1.000 metros. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte moderados en xeral, sendo fortes no litoral.
O domingo, o termómetro de moitas vilas, sobre todo do intefrior non acadarán os 10 graos.
Durante o domingo teremos chuvascos máis probables e intensos na metade norte. A cota de neve arredor dos 1000 metros durante toda a xornada. As temperaturas mínimas sen cambios significativos e as máximas sufrirán un moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente norte moderados en xeral, sendo fortes no litoral.

O noso mar: Vento do norte, forza 5 a 6. Forte marusía. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



