Ambar conmemorou cunha gran festa na Pobra o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

03 Decembro 2024

Na mañá deste martes de 3 decembro a entidade inclusiva barbanzá Ambar (Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional) conmemorou o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional na praza Alcalde Segundo Durán da Pobra do Caramiñal.

O obxectivo da actividade, que contou coa colaboración do Concello, foi “poñer en valor a diversidade a través da creación dun ambiente de aprendizaxe e diversión no que as persoas usuarias do centro, expertas en cada unha das áreas na que se desenvolven no día a día, guiasen a actividade para dar a coñecer todo o que se leva a cabo na asociación”.

A esta xornada asistiron arredor de 400 persoas que participaron en actividades coma o mural colaborativo, no obradoiro de artesanía creando unha bolsa estampada ou un chaveiro ambareño, nos xogos populares e tamén na creación dunha árbore de Nadal diversa, onde cada persoa que asistiu puxo nun papel o que para ela significa a diversidade.

As persoas que o desexaron tamén pasaron por un stand de maquillaxe e sacaron unha foto de recordo no photocall de Ambar.

Á actividade tamén acudiron Asociacións e Colexios da zona como o CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras, o CEP Plurilingüe Pilar Maestu, A Creba e AGADEA.

Durante a xornada estiveron presentes Amparo Cerecedo, concelleira de Servizos Sociais da Pobra e Milagros Rey, presidenta de Ambar e quen tamén participou na lectura do manifesto xunto con Manuel Vilas, Vanesa Villar, Noelia Argibay e Olaia Pérez.

Manifesto polo Día das Persoas con Diversidade Funcional

“Estamos moi felices de celebrar un ano máis todos xuntos o Día Internacional das Persoas con Diversidade funcional. Todos baixo un mesmo paraugas, traballando por un mesmo obxectivo: impulsar vidas independentes en comunidade.

É un día para celebrar as nosas fortalezas e defender os nosos dereitos. Todas as persoas teñamos a condición que teñamos, debemos vivir con dignidade.

Queremos participar de forma activa na sociedade e loitar por estar representados en todos os ámbitos.

Debemos fomentar unha visión positiva e realista da diversidade.

Reclamamos a inclusión laboral e educativa, con apoios xustos e razoables para todos.

Demandamos un apoio integral e real ás familias e persoas coidadoras.

Aínda na actualidade existen barreiras físicas e cognitivas. Por iso, esiximos que se cumpra a

normativa de accesibilidade en todos os espazos, públicos e privados.

Rexeitamos calquera tipo de discriminación e estamos a favor dunha sociedade diversa e plural,

con oportunidades para todos.

Temos dereito a ter traballo, parella, a unha escola e lecer inclusivos.

Queremos desfrutar da vida con total liberdade, que nos teñan en conta.

Necesitamos o apoio das administracións para unha sanidade e atención social de calidade.

Esiximos máis investigación para facer realidade un mundo realmente inclusivo, con oportunidades

para todas as persoas.

Unha sociedade diversa é unha sociedade mais enriquecida”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.