Venres 29, chuvascos que diminúen cara a noite. Fin de semana con tempo revolto

28 Novembro 2024

Durante o venres quedaremos influenciados polas baixas presións co paso dunha fronte durante a mañá. Con isto, teremos os ceos nubrados con chuvascos máis probables no oeste e sur da Comunidade, perdendo intensidade co paso do día.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios significativos. Os ventos soprarán do sur-suroeste, moderados en xeral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sur á mañá e á noite e do sur á tarde, forza 4 a 6 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Forte marusía á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota
  11. Praia de Corón Vilanova de Arousa
  12. O Grove

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.