O Nadal da Pobra volve agasallar co sorteo de 200 caramiñas diarias e unha viaxe familiar a Eurodisney (co apoio de CONGALSA)

28 Novembro 2024

O Concello da Pobra do Caramiñal sorteará novamente 200 euros diarios en formato de vale/caramiñas para trocar nos 40 negocios adheridos, ademais da viaxe familiar a Eurodisney para catro persoas que patrocina a empresa local CONGALSA.

A concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, reafirmou este 28 de novembro, en rolda de prensa, a aposta pola campaña baixo o lema Volta o Nadal, voltan as Caramiñas dado o “éxito de participación do ano pasado.” Valorou, polo tanto, positivamente o resultado, cumprindo así co obxectivo marcado de dinamización económica e social do municipio por estas datas. Ademais, “constatamos que é un bo método para aproximar á mocidade ao comercio local físico, tan acostumada a facer as compras en plataformas online“, apuntou.

No que respecta á dinámica, a técnica municipal desta área, Sara Sánchez, explicou que segue a liña do anterior ano, orientada ás redes sociais. O período de participación abrangue do 1 de decembro ao 5 de xaneiro. Consistirá en sacar fotos nos photocall coñecidos como recunchos do Nadal situados na Covecha, no Fogar do Nadal (Casa Mariñeira), no parque de Raquel Fernández Soler, na praza dos Irmáns Axeitos, no Cantón da Leña, na praza Victoriano García Martí e na praza de abastos. As instantáneas compartiranse no apartado de historias do Instagram mencionando a conta @caraminhasnapobra. En caso de ter o perfil privado, haberá que facer o mesmo proceso e, a maiores, enviar unha captura de pantalla da historia á dita conta da rede social para que así se contabilice para o sorteo.

Dunha banda, sortearanse diariamente 200 euros en caramiñas entre os días 1 e 31 de decembro. Cada xoves daranse a coñecer os nomes das persoas gañadoras que participaron dende a semana anterior e os vales de compra poderanse recoller cada sábado no Fogar do Nadal, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

E ata o día 5 de xaneiro existe a posibilidade de gañar a viaxe a Eurodisney entre tódalas imaxes captadas dende o inicio da actividade. A este respecto, a directora de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas, manifestou que se continúa así na senda de apoiar as iniciativas da Administración local como parte da súa Responsabilidade Social Corporativa para que a súa contribución á sociedade pobrense vaia máis alá do factor económico.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.