
A Xunta publicou este luns 25 de novembro no Portal de Contratos de Galicia a licitación, por 397.731 euros, da redacción do proxecto básico e de execución, e a dirección da obra do novo centro de saúde de Noia. O Executivo galego ten previsto investir preto de 10 millóns de euros nunha infraestrutura sanitaria que, segundo lembrou, contará cunha superficie construída de máis de 3.300 metros cadrado. A Xunta tamén recordou que o novo ambulatorio disporá dunha área asistencial dotada con 21 consultas de medicina, enfermaría, farmacia, odontoloxía e hixienista, ademais das correspondentes salas de técnicas, de toma de mostras e de espera de pacientes. Amais, disporá de 3 consultas na área de pediatría -médicas e de enfermaría-, unha sala de observación e unha sala de lactancia. Ademais, engádense a área de atención á muller, con dúas consultas.
O futuro centro de saúde de Noia disporá tamén con novas unidades. En concreto, unha a área de fisioterapia e rehabilitación; unha área de saúde mental, con 5 consultas: psiquiatría, psicoloxía, enfermaría e traballo social; e unha Unidade Preventivo Asistencial de Drogodependencias (UPAD) con 4 consultas: psiquiatría, psicoloxía, traballo social e dispensación.
O centro integrará o Punto de Atención Continuada, PAC, con dúas consultas de medicina xeral, dúas de enfermaría e unha sala de reanimación e observación; ademais dunha área de urxencias que contará con base do 061.
As empresas interesadas teñen de prazo até o 27 de decembro para presentar as súas ofertas.



