Últimas prazas para participar no Programa Integrado de Emprego de Boiro, Rianxo e A Pobra do Caramiñal

21 Novembro 2024

Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra informaron que o prazo para participarmos no Programa Integrado de Emprego 2024/2025 que desenvolven de forma conxunta os tres concellos entrou na súa recta final, coas últimas prazas dispoñíbeis a disposición das persoas demandantes de emprego da comarca do Barbanza e da contorna. O Programa, dirixido, a mellorar a capacitación de 100 persoas desempregadas, inclúe cursos de formación orientados aos sectores produtivos da bisbarra e as persoas asistentes recibirán unha axuda de 10 euros diarios por asistir ás accións formativas.

Nesta edición a oferta formativa inclúe os seguintes contidos: Técnicas de limpeza e departamento de pisos; Eventos, cátering e banquetes; Cociña básica; Elaboración de pezas cárnicas; Preparación de peixes e mariscos para a industria e venda; Identificación de alérxenos e manipulación de alimentos; Condución de carretillas; Xestión e control de compras e stock; Operacións básicas de caixa; entre outros.

Ademais, durante o desenvolvemento do programa vanse levar a cabo accións de información, orientación e asesoramento laboral; formación en habilidades sociolaborais e en técnicas de busca efectiva de emprego; sesións de adestramento profesional (coaching); formación en idiomas e novas tecnoloxías; formación específica para o emprego;  prospección de ofertas laborais e prácticas profesionais.

O Programa basease nunha metodoloxía innovadora que inclúe aspectos como unha metodoloxía adaptada ás necesidades das usuarias; uso de novas  tecnoloxías para favorecer a comunicación coas usuarias; uso de redes sociais para conseguir unha mellor comunicación; uso de ferramentas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para a busca de emprego; networking e acompañamento.

As persoas participantes percibirán unha axuda consistente en 10 euros por día de asistencia ás accións do Programa. Ademais, os concellos ofrecen medidas de conciliación para favorecer a participación no Programa segundo as necesidades de cada persoa usuaria.

O Programa Integrado de Emprego 2024/2025 dos Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra está financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Economía Social.

O Programa do curso 2023/2024, que tamén se levou a cabo de forma conxunta, está a piques de rematar e conta xa cunha inserción laboral de 58 persoas que atoparon traballo grazas a participar nas accións formativas.

Máis información para participar no programa no enderezo electrónico emprego@boiro.gal ou os números de teléfono 659 247 963 e 650 042 409.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.