Xoán Curiel e Charo Pita levan “Teatro dos Vieiros” a Muros (este sábado no Centro Cutural)

21 Novembro 2024

Este sábado 23 de novembro recala en Muros o espectáculo Teatro dos Vieiros, Xoán Curiel e Charo Pita. Será ás 18.00 horas no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil muradá. A entrada é de balde e pódese formalizar a reserva na web habilitada. Tamén é posíbel formalizar a reserva de xeito presencial no dito Centro Cultural, en horario de 8.00 a 15.00 horas.

Teatro dos Vieiros é unha función para maiores de 4 anos na que Xoán Curiel e Charo Pita interpretan a dous traballadores dun teatro que deben improvisar un espectáculo cando un furacán impide a chegada dos actores principais. Con música en directo, narración oral e teatro, esta comedia fresca e interactiva transportará ao público a un universo de imaxinación e aventuras, facendo ademais unha homenaxe á figura de Carvalho Calero.

A concelleira de Cultura, Caridad González, destacou que “estamos encantados de ofrecer unha proposta que combina música, teatro e valores educativos. Teatro dos Vieiros é un exemplo do noso compromiso con achegar programación de calidade e variada para todas as idades, especialmente as máis pequenas, que son o futuro da nosa cultura”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.