Dodro organiza unha fin de semana de mulleres con motivo do 25N

19 Novembro 2024

No marco das celebracións do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Dodro vai organizar unha viaxe de irmandade para as veciñas do concello. A fin de semana das mulleres incluirá, concretamente, unha viaxe de confraternidade polo interior de Galicia, máis polo miúdo á vila lucense de Portomarín, e celebrarase entre o 30 de novembro e o 1 de decembro. As prazas serán limitadas, polo que se recomenda formalizar a inscrición con antelación.

O prezo é de 25 euros e pagarase unha vez asignada a praza. As persoas interesadas poden anotarse os días 20, 21 e 22 de novembro no rexistro xeral do Concello. No caso de que as solicitudes superen o número de prazas, realizarase un sorteo público para adxudicalas.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.