O Concello de Boiro e a Asociación Olloboi asinaron este 14 de novembro un convenio de colaboración para as actividades da asociación. O alcalde, José Ramón Romero, xunto coa concelleira de Cultura, María Outeiral, formalizaron o acordo de traballo conxunto coa representante da entidade, Ana Moreiras.
A través desta alianza, o Concello e Boiro destina 5.000 euros para o financiamento da Gala Olloboi 2024 e o certame plástico A Cor de Boiro. Neste ano Olloboi constou de dúas actividades distintas. Por un lado a gala de proxección das curtas gañadoras da Muchachada Olloboi celebrada durante un intercambio co alumnado de Viana do Castelo.
A segunda das partes do proxecto foi o I Encontro de Pintura en Cadernos de Acordeón realizado xunto con La Doce e que rematará cunha exposición dos traballos realizados que se inaugurará este venres no Pazo de Goiáns e se poderá visitar durante o mes de novembro.




