A nova edición do concurso de tapas de Outes premiará á veciñanza participante cunha cea por valor de 150 euros

13 Novembro 2024

O alcalde de Outes, Manuel González, e a concelleira de Turismo, Soledad Agra, veñen de presentar unha nova edición do concurso local enOutes de Tapas! para o ano 2024. Segundo explicaron, durante os días 22, 23, 24, 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro, veciñanza e visitantes poderán degustar e valorar as racións en formato pequeno deseñadas pola hostalaría local especificamente, para este evento. Nesta edición participarán 8 establecementos e a cidadanía valorará as tapas que probou a través dun “pasaporte” no que se cuñarán as visitas aos diferentes locais que vaia realizando. Entre as persoas que valoren as tapas sortearase unha cea para dúas persoas. Este ano participan Asador Albatros, A de Vila, Pepe do Coxo, O Taboleiro, John Turkey, Centro Social, Areal e Restaurante Fera

Lembrar que na II edición do #enOutesdeTapas, certame local impulsado co obxectivo de reivindicar a gastronomía do municipio e visualizar e dinamizar o bo facer do sector hostaleiro, a tapa mellor valorada e que recibiu o premio conxunto dos membros do xurado e dos participantes foi o Polbo crocante (Pulpo crujiente) do Restaurante Pepe do Coxo, do Freixo. Segundo informou o Concello a xeito de balance, na edición 2023 servíronse case 5.500 tapas (o dobre que en 2022) e cunhas valoracións moi altas, tanto por parte dos participantes coma dos membros do xurado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.