Un incendio nunha vivenda do Grove deixa unha muller falecida e cinco persoas feridas por inhalación de fume

13 Novembro 2024

Un dos feridos foi evacuado ao centro hospitalario de referencia, mentres que outras catro persoas desprazáronse a un Punto de Atención Continuada polos seus propios medios.

No momento do incendio había dúas persoas no interior da vivenda, situada na rúa Viña de Millán: un home, que foi quen contactou co 112 Galicia en primeira instancia e que estaba no piso superior; e a muller falecida, situada na planta baixa, onde comezou lume.

Durante a súa chamada, que se produciu contra as 23:20 horas do martes, o alertador explicou que conseguira saír ao balcón. Nos momentos posteriores, un familiar alertou tamén ao 112 Galicia dos feitos e confirmou que había unha muller no baixo da vivenda.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros do Salnés, do GES e de Protección Civil do Grove, do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo e da Garda Civil. Ao mesmo tempo, informouse aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE), do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, por se resultara necesaria a súa intervención.

Ao fío da medianoite deuse por apagado o lume, que queimou un salón por completo e que se orixinou nun sofá, e confirmouse o falecemento dunha muller que foi localizada nesta mesma estancia.

Os servizos de emerxencias rescataron ao home cunha escada a través do balcón, e catro persoas máis que trataron de entrar na vivenda para axudar resultaron tamén afectadas por inhalación de fume.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.