A Xunta aproba a primeira fase da desdobramento da vía de altas prestacións entre Brión e Noia, amais do novo Centro de Saúde en Noia, obras en Portosín e melloras en paradas de buses da comarca

11 Novembro 2024

O Consello aprobou amais o novo Centro de Saúde de Noia, melloras no peirao de Portosín e melloras en 62 paradas de autobus da comarca

O Consello da Xunta celebrado esta mañá no Casino de Noia, deu o visto bo ao proxecto para o desdobramento da vía de altas prestacións entre Brión e Noia, un tramo de 18 quilómetros que se acometerá en dúas fases. A primeira fase da obra contará cun investimento de 29 millóns de euros e mellorará a conectividade na comarca do Barbanza, unha vella demanda dos veciños da zona.

A iniciativa forma parte dun paquete de melloras en infraestruturas que tamén inclúe a construción dun novo centro de saúde en Noia, que dará servizo a uns 32.000 habitantes da área. O novo centro, que contará cun investimento previsto de 10 millóns de euros, incluirá un punto de atención continuada e permitirá dotar á comarca de máis persoal e novos servizos sanitarios. O Concello de Noia xa colocou á disposición os terreos para a súa construcción, que se iniciará en 2026.

Ademais, nesta reunión celebrada na vila de Noia, o Goberno galego anunciou outros investimentos importantes para a comarca. Un deles é a licitación das obras de mellora no peirao de Portosín, cun orzamento de máis de 2,4 millóns de euros. Tamén se inclúe un plan de mellora de 62 paradas de autobús en 10 concellos do Barbanza, co obxectivo de optimizar o servizo de transporte público na zona.

Sociedade de Vivenda Pública

O Consello da Xunta aprobou tamén a creación da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, que nace como una escisión de Xestur e que agora se dedicará en exclusiva ao solo industria. Será unha sociedade que se ocupará do solo residencial para avanzar no compromiso de duplicar o número de vivendas de promoción pública ata 2028.

Cribado neonatal

A petición da consellería de Sanidade, o Consello da Xunta aprobou incorporar esta semana tres novas enfermidades ao cribado neonatal que permitirá detectar ata 37 enfermidades conxénitas nos acabados de nacer. 

O ministerio de Sanidade establece unha serie de cribados obrigatorios que son menos da terceira parte dos que se efectúan en Galicia.

As tres novas enfermidades que se incorporan son: unha doenza xenética que provoca déficits neuropsiquiátricos e deficiencia suprarrenal, unha das chamadas “raras” que pode provocar unha discapacidade intelectual grave, sen tratamento provoca a morte na primeira década de vida, e a terceira é a enfermidade de Pompe, que sen tratamento provoca a morte o paciente no primeiro ano de vida.

O titular do Goberno galego avanzou que os demandantes de emprego deberán asinar un acordo polo que se comprometen a ter unha procura activa de emprego, que inclúe “non rexeitar traballos que se adaptan ao seu perfil” nin tampouco cursos formativos.

Os que non cumpran, explicou, “serán retirados das listas de demandantes de emprego” e de “todos os dereitos que se outorgan por estar nestas listas”.

O conselleiro de Emprego, José González, detallou que se trata dunha cuestión “ética” e tamén de “eficacia”: “O obxectivo é claro e concreto: mellorar o funcionamento das oficinas de emprego e contribuír á inserción laboral dos galegos que están no paro e que sexan demandantes activos de emprego. Avanzamos nesa afinación de listas para prestar a cada persoa a atención máis adecuada para seguir traballando na consecución dun mercado laboral forte, dinámico e inclusivo”, manifestou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.