Este mes de novembro vaise celebrar a terceira edición das Xornadas sobre Educación Emocional. Serán este sábado 9 de novembro de 2024, de 10.00 a 14.00 horas, no Casino de Noia. En palabras do Concello, “a través desta actividade en formato obradoiro ofrecerase ás persoas interesadas un espazo para aprenderen sobre o seu benestar emocional e como melloralo”. A inscrición é gratuíta e pódese facer a través da conta de correo educacionnoia@gmail.com.




