Novo envío de axuda de Ribeira a Valencia

06 Novembro 2024

Tralo regreso dos dous camións organizados por “Pegasus Rescue Team” no que se trasladaron a Valencia 54 toneladas de axuda recollida en Ribeira durante a fin de semana, outro cargamentio vai camiño da capital do Turia a bordo dunha furgoneta. Trátase nesta ocasión de achegar a carga a zonas de mais difícil acceso.

Tal como recollemos en O Barbanza desde o sábado, centos de veciños de Ribeira e parroquias respostaron masivamente á chamada de recollida de productos feita por “Pegasus Rescue Team” en colaboración con outras organizacións, institucións, asociacións e ong, para mandar axuda a Valencia.

A entidade que preside Rubén Lijó, fixo un chamamento desde as redes sociais o que responderon o longo deste sábado centos de veciños que se acercaron a explanada do Malecón para entregar productos para Valencia.

A chamada acudiron amais o propio Concello, a Confraría de Pescadores, as Amas de Casa, Cáritas, Ongs locais e Transportes Kiko que cedeu os trailers para levar os productos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...