Chegan a Valencia os dous camións con 54 toneladas de axuda desde Ribeira

04 Novembro 2024

Tal como informa Pegasus e tras importantes retencións en qm 177 da A3, onde a garda civil separa os vehiculos con axuda humanitaria do resto, que son desviados por outras rotas, os dous camións procedenes de Ribeira chegaron nas últimas horas a Valencia.

En Utiel foron escoltados pola garda civil ata punto seguro. Paiporta, Torrent,Utiel e Chiva están saturados de donacións segundo a Policía Local de cada un destes lugares.

Estase facendo acopio na “Feria de Valencia”, que está tamén chea, se están habilitando pavillóns e outras intalacións para recoller o material que chega de toda España. Desde Pegasus esperan poder facer entrega este luns dos cargamento.

Tal como recollemos en O Barbanza desde o sábado, centos de veciños de Ribeira e parroquias respostaron masivamente á chamada de recollida de productos feita por “Pegasus Rescue Team” en colaboración con outras organizacións, institucións, asociacións e ong, para mandar axuda a Valencia.

A entidade que preside Rubén Lijó, fixo un chamamento desde as redes sociais o que responderon o longo deste sábado centos de veciños que se acercaron a explanada do Malecón para entregar productos para Valencia.

A chamada acudiron amais o propio Concello, a Confraría de Pescadores, as Amas de Casa, Cáritas, Ongs locais e Transportes Kiko que cedeu os trailers para levar os productos.

Cara a primeira hora da tarde completoronse os dous primeiros cargamentos que sairán esta noite cara Valencia onde teñen previsto chegar o mediodía deste domingo. A cantidade de productos entregados fixo que se habilite outro camión no que se está a cargar mais material e o longo destes días seguirá a recolleita ata completar a carga, entrega que se pode facer no Malecón diante da Capitania Marítima.

Salientar a colaboración e axuda de voluntarios das distintas ONg locais e de membros das comunidades marroquí, mauritana e senegalesa.

Fotos O Barbanza

A primeira hora da tarde quedou completado outro camión que saiu co primeiro cara Valencia a primeira hora da noite deste sábado. A aportación dos veciños foi tal que xa está en marcha un terceiro envio que se esepra poda sair a principios desta semana.

Paralelamente a Ong católica Cáritas abreu unha conta para que os veciños que o desexen aporten donativos. Amais voluntarios da organización realizan colleitas nos distintos actos e templos do concello.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.