O Concello da Pobra coloca os tradicionais arranxos florais a García Martí, a Mariquiña e a Devoto Fantoni

31 Outubro 2024

Coma cada ano por estas datas, o Concello da Pobra do Caramiñal realizou o tradicional recoñecemento institucional a García Martí, a Mariquiña e a Devoto Fantoni,, persoeiros do ámbito cultural, en formato de arranxos florais nas súas sepulturas.

O alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira da Cultura, Patricia Lojo; e o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González; desprazáronse neste 31 de outubro ata o cemiterio de Santa María a Antiga do Caramiñal para colocar unha coroa de flores no nicho onde descansan os restos do escritor e xornalista Victoriano García Martí, fillo predilecto da localidade.

E, deseguido, foron ao camposanto de Santo Isidro de Posmarcos, onde está a tumba de María de la Encarnación Beatriz Baltasara del Valle-Inclán Blanco, Mariquiña -nacida no pazo da Mercé e filla de Ramón del Valle-Inclán e Josefina Blanco-, e o seu marido, o novelista Daniel Jesús Devoto Fantoni.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.