Boiro acolle este domingo a proxección de “Buscando á Santa Compaña” de Fernando Cortizo

30 Outubro 2024

Este domingo 3 de novembro vaise proxector en Boiro o filme Buscando á Santa Compaña, do director compostelán Fernando Cortizo. A actividade, enmarcada nas celebracións locais do Samaín, será no Centro Social de Boiro a partir das 19.30 horas.

O filme, narrado polo actor e narrador arousán Carlos Blanco, recolle a procura contrarreloxo dos últimos testemuños dun fenómeno que aterrorizou a toda unha poboación durante séculos e no valor etnográfico deste feito central no imaximario e o patrimonio inmaterial galego.

Esta road movie documental conta coa opinión de figuras expertas en distintas áreas e con testemuñas reais que relatan as súas experiencias en primeira persoa para desentrañar canto hai de certo e canto de mitolóxico nas aparicións da Santa Compaña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.