O arcebispo, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu a Xornada de Formación dos voluntarios de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Na súa intervención o prelado lembrou que “o voluntariado é o rostro de Cáritas e desenvolve a súa misión acollendo e acompañando ás persoas necesitadas”. Ao encontro, celebrado en dependencias do colexio La Salle, acudiron preto de tres centenares de axentes procedentes de toda a diocese que compartiron un espazo de formación e debateron aspectos de máxima actualidade para o acompañamento, así como temas legais e máis operativos do voluntariado e os códigos de conduta e ético. A Xornada serviu para abordar experiencias e testemuños, coñecer distintas realidades do voluntariado en Cáritas, e falar dun espazo de unidade diocesana.

Na súa intervención monseñor Prieto insistiu en que “o corazón de Cáritas palpita e achégase outros corazóns feridos que necesitan da nosa axuda”. Pola súa banda Pilar Farjas, directora de Cáritas Diocesana lembrou aos axentes que é fundamental traballar xuntos para ter coñecemento “do que somos e como nos organizamos”. Insistiu tamén en que os voluntarios son o eixo fundamental de Cáritas que “traballan na acollida das persoas”
Soledad non desexada
Os grupos de traballo, en total 16, reflexionaron sobre a soidade non desexada, os seus efectos e como dar resposta desde as Cáritas parroquiais. Fixérono profundando en aspectos relacionados coa detención, prevención, sensibilización e intervención. Díxose “que é a percepción das relacións interpersoais que mantemos son insuficientes ou non son da calidade ou intensidade que desexariamos”.
En Cáritas as persoas voluntarias constitúen o piar básico e insubstituíble da súa acción, “é a realización do compromiso comunitario, fraterno, solidario e cos últimos. Trátase dunha experiencia humana que se realiza na xustiza e transcéndese na caridade”
Déronse a coñecer varios documentos recentemente publicados: os novos Estatutos, o Plan de Igualdade e a normativa económico- financeira para a xestión dos fondos e recursos de Cáritas.
Manual de estilo
Foi presentado o manual de estilo e código de conduta do voluntario editado por Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela no que entre outras cuestións sinálase que un voluntariado comprometido é o que cre no cambio social cara a unha sociedade máis xusta e achega á sociedade non só desde as tarefas realizadas, senón tamén desde as actitudes expresadas. A publicación contempla tamén apartados relacionados co papel do voluntariado; a súa relación con Cáritas; dereitos, deberes e obrigacións; os principios da institución; os códigos de conduta e ético, e a canle de denuncias



