O Xantar da Confraternidade da Pobra xuntou persoas maiores de toda a nosa comarca

25 Outubro 2024

O Polideportivo Municipal de Venecia engalanouse un ano máis como un gran salón de eventos con motivo do Xantar de Confraternidade da Pobra do Caramiñal deste 25 de outubro. Aproximadamente 750 comensais participan nesta gran xuntanza destinada ás persoas maiores de 60 anos de toda a comarca. O evento, organizado pola Concellaría dos Servizos Municipais, tivo o obxectivo de desfrutar e estreitar lazos. A música tradicional a cargo de Trécola marcou o ritmo no momento da recepción para, finalizada a quenda de intervencións das autoridades municipais, facer soar o himno galego e dar paso xa á comida.

Durante a benvida, a concelleira dos Servizos Municipais, Estefanía Ramos, trasladou o desexo de que tódolos presentes gozasen da celebración: “Esta é unha cita para celebrar, para xuntarnos, para compartir, para bailar e pasalo ben.” Quixo agradecer o traballo e implicación do persoal municipal para que este xantar sexa unha realidade, ademais da colaboración do voluntariado da Protección Civil e das empresas patrocinadoras: Congalsa, Construcciones Constrios, Gadis, Excavaciones Nima, Baygar Maquinaria, Elektro Batalla, Agroforestal Fidalgo Abelleira, Conservas Ramón Franco, Vegalsa-Eroski e Construcciones Fermín Simal.

Tamén se dirixiu aos comensais o alcalde, José Carlos Vidal: “Para nós é moi importante que se aproveite este evento para que se estreiten os lazos entre os nosos concellos, que compartades mesa con amigos e familiares. As amizades e as familias non entenden de límites parroquiais ou de concello”, declarou. O rexedor lembrou que ningún veciño/veciña da localidade quedou sen a súa entrada. “Conseguimos que nin un só dos veciños e veciñas da Pobra do Caramiñal apuntadas nesta comida quedase fóra. Pero non só iso, senón que tamén veciños que non estaban apuntados porque chegaron fóra de prazo, se lles chamou para que pasasen a recoller a súa entrada”, pronunciou, para engadir que “podedes estar seguros dunha cousa: o noso principal obxectivo é servir á cidadanía; o noso principal obxectivo sodes vós.”

Dous mariscos, peixe, carne, sobremesa, café e bebidas variadas integraron o menú que degustaron as persoas asistentes.

Posteriormente, realizouse un sorteo de vales de compra cortesía de Gadis e tocou bailar toda a tarde con Mar Davila Trío.

Esta cita contou tamén coa presenza de membros da corporación municipal, o concelleiro da Política Social de Boiro, o xefe da Policía local, párrocos e representantes das empresas patrocinadoras e do tecido asociativo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...