Ribeira enxalzará os seus produtos do mar no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar Ourense

24 Outubro 2024

A Deputación da Coruña volverá a estar presente no Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar Ourense. Entre o xoves 24 de outubro e o domingo 27, a institución provincial participará no evento baixo a súa marca turística e gastronómica A provincia que sabe. Dende o seu stand, a entidade provincial promoverá produtos e eventos gastronómicos senlleiros da provincia a través de iniciativas como degustacións, catas, demostracións e soportes audiovisuais.

Na edición deste 2024, serán 13 os municipios de diferentes puntos da provincia que amosarán no espazo da Deputación de Coruña as súas singularidades e bondades gastronómicas.

Así, de xeito concreto, o mel de Oleiros estará presente os catro días coa súa degustación permanente. Mentres, o xoves 24, o Concello de Ponteceso promocionará a súa Festa da Faba, o de Arzúa o seu queixo e mel e Muxía o congro.

O venres 25, Vedra exporá a Viño da Ulla e a Festa da Orella de San Fins de Sales, Vimianzo regresará aos sabores do pasado vinculadas á Festa da Faguía e ao Asalto ao Castelo e Mazaricos ensinará o sabor do Bolo do Pote.

Xa o sábado 26 será a quenda para o percebe, o polbo e a navalla de Ribeira. Pola súa banda, o concello de Carballo contará cunha degustación de pan, empanada e pan de ovo tradicionais do municipio e A Laracha exhibirá as súas Festa da Fabada e Festa da Horta.

Por último, o champiñón e o lacón con grelos de Ordes serán protagonistas no derradeiro día, o domingo 27. Xunto a eles presentaranse o concello de Moeche coa súa Feira do Queixo e o Concello de Melide e o seu tradicional melindre.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.