O día 1 de novembro o Concello de Rianxo acollerá a X Carreira Popular Concello de Rianxo.
Para participar podémonos inscribir en liña, ata o 28 de outubro, a través da web Emesports.
Esta proba, organizada polo Concello e máis o Club Atletismo Rianxo, forma parte dos seguintes circuítos:
-X Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña.
-VII Circuíto Carreiras Populares Barbanza Arousa, promovido e organizado polos Concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.
Hai tres categorías: absoluta, escolares e sapatilla inclusiva.




