O domingo quedaremos na influencia dunha profunda borrasca enviándonos unha fronte activa que se prevé toque terra ao noroeste co avance da noite. Teremos así na metade oeste un día de ceos moi nubrados e con orballos. Pola noite a fronte traerá chuvias intensas o oeste da provincia da Coruña. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará do suroeste moderado con refachos fortes en zonas altas do norte, forte no mar entre Bares e Fisterra.

O noso mar: Vento do sur, forza 4 a 6 á mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros á mañá e á noite e 3.5 a 4 metros á tarde.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



