XX Aniversario da Federación Galega de Confrarías de Pescadores

18 Outubro 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, puxo en valor o diálogo e colaboración entre o Goberno galego e a Federación Galega de Confrarías de Pescadores con piar do modelo de cogobernanza nas políticas pesqueiras de Galicia. Así o manifestou na clausura do acto polo vixésimo aniversario da entidade á cal felicitou polas dúas décadas ao servizo do sector do mar, defendendo e velando polo interese xeral dos pósitos galegos que constitúen os cimentos sobre os que se sustenta a actividade pesqueira da comunidade.
O titular de Mar situou á federación como o máximo representante dos profesionais do mar en Galicia e enxalzou o papel do sector no ámbito económico como un dos motores económicos e de creación de emprego e no ámbito da seguridade alimentaria proporcionando alimentos de calidade e nas mellores condicións. Uns produtos, destacou, cuxo consumo ten un gran impacto en termos de saúde pública debido as súas excepcionais propiedades nutritivas.
Nesta liña, o responsable autonómico recordou que a Xunta xunto co sector, e “a pesar dos atrancos dalgúns”, sacou adiante a Lei do Litoral, unha norma pioneira, que “puxo negro sobre branco” o carácter “estratéxico e prioritario” da actividade pesqueira para o desenvolvemento sostible da costa galega. Un papel, dixo, gañado por méritos propios e que reflicte novamente o compromiso do Goberno autonómico cun sector referente e líder no ámbito europeo e mundial.
A voz do sector
A Federación Galega de Confrarías de Pescadores foi fundada no ano 2004 por iniciativa das tres federacións provinciais co obxectivo de aglutinar a representación do sector nunha soa entidade. Con preto de 13.000 afiliados, entre empresas e traballadores, aglutina abarcando todos os subsectores da pesca, destacando especialmente o marisqueo e a pesca de baixura e artesanal, sumando unha frota de máis de 5.400 embarcacións.

VILLARES PON EN VALOR O DIÁLOGO E COLABORACIÓN COA FEDERACIÓN GALEGA DE CONFRARÍAS COMO PIAR DO MODELO DE COGOBERNANZA DO SECTOR PESQUEIRO

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.