A Marea de Noia reclama a posta en marcha da depuradora de Pontenafonso

18 Outubro 2024

A MAREA DE NOIA RECLAMA A POSTA EN MARCHA DA DEPURADORA DE PONTENAFONSO E REMITE A AUGAS GALICIA UN DOSSIER SOBRE O VERQUIDO AO RÍO TAMBRE NESTE PUNTO.

A Marea de Noia acudiu a Pontenafonso para comprobar que a depuradora realizada hai cinco anos segue sen conectar ao seneamento e non se produce unha deputación de augas na zona.

Manolo Seijas indicou que “Unha obra que tivo un custe de 70.000€, non pode levar 5 anos parada e sen poñer en marcha” asegura que se trata “ doutro exemplo claro na nula capacidade deste goberno para acometer as xestións do día a día” e denunciou a falta de compromiso do goberno de Santiago Freire co medioambiente “ seguimos vertendo directamente aguas fecais, a pesar de ter unha depuradora feita”

Para Seijas o feito grave é o punto de vertido que se está efectuando directamente ao Río Tambre pese a terse realizado unha obra deste calibre.

Asegurou que “ O Goberno do NO.I.A e Partido Popular non poden seguir amparando este atentado contra o medioambiente” No vindeiro pleno será unha das preguntas clave que efecturán ao goberno de Noia. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.