A Mostra de Curtas de Noia inclúe medio cento de pezas a concurso, homenaxes á xente do mar e a proxección de +Cuñados e Matria

17 Outubro 2024

Esta semana presentouse no Coliseo Noela de Noia a nova edición da Mostra de Curtas Vila de Noia, que se vai celebrar no dito escenario emblemático noiés e cunha ateigada de axenda de proxeccións, entre o 30 de outubro e o 9 de novembro. Será unha edición especial, xa que se conmemoran os 25 anos de andaina do certame, segundo fixeron saber os organizadores. O programa inclúe case medio cento de candidaturas a concurso (46 pezas), seleccionadas dun total de 1.200 curtametraxes procedentes de todo o mundo. A isto súmanse outras actividades relacionadas co audiovisual que se irán desvelando os días vindeiros.

O concelleiro de Cultura José Pérez avanzaba entre outras cousas as proxeccións das películas + Cuñados, dirixida polo noiés Luis Avilés e Matria de Álvaro Gago.

O cartel deste ano foi realizado por Santiago Avilés, quen comentaba que quixo homenaxear ao público que asiste aos cines para mergullarse de cheo no universo audiovisual.

Na presentación fixeron saber que a sección Cousas de aquí renderá homenaxe ao mar e ás xentes que traballan nel, e incluirá a presentación de documentais sobre pesca e máis a presenza en Noia de Flow del Norte, grupo constituído por mariscadores.

O programa inclúe a celebración de Curtacativa que este ano comeza o luns 28 de outubro e que achega aos nenos e nenas dos centros de ensino coa finalidade de coñecer e desfrutar dos traballos presentados na Mostra. Curtacativa dará comezo ás actividades do certame, que rematará o día 9 de novembro coa entrega de galardóns.

Quen precise máis información sobre o certame pode visitar o seu Facebook, que estes días estará permanente actualizado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.