O BNG reclama no Parlamento un servizo de autobús que conecte a comarca do Barbanza coa estación de tren de Catoira

16 Outubro 2024

A deputada do BNG Rosana Pérez reclamou na Comisión de Infraestruturas do Parlamento a ampliación dos servicios de transporte público na comarca do Barbanza e, nomeadamente, entre as dúas beiras da ría da Arousa. “Resulta incomprensible que a conexión a día de hoxe entre a nosa comarca e a beira sur da ría de Arousa sexa practicamente inexistentes”, denunciou.

Rosana Pérez defendeu na Comisión 2ª do Parlamento unha proposición non de lei para reclamar á Xunta que na nova licitación do transporte público do Barbanza, anunciada o pasado mes de xullo, inclúa un servizo de autobús entre os catro concellos desta comarca e a estación de ferrocarril de Catoira, á que recorren moitos usuarios para desprazarse por tren sobre todo ás cidades de Vigo, A Coruña, Pontevedra ou mesmo Santiago.

Considerou prioritario que esta conexión comece a funcionar durante as fins de semana para atender os estudantes que se teñen que desprazar entre as dúas beiras da ría. Reclamou así que, cando menos, se estableza un servizo de autobús entre Catoira e Ribeira os venres á tardiña, cando maioritariamente os estudantes regresan aos seus domicilios familiares, e outro os domingos en sentido inverso e con paradas nos catro concellos da comarca. (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo).

Na iniciativa do Bloque, que foi rexeitada polo PP, solicitábase así mesmo contemplar nos pregos da nova licitación a posíbel necesidade de ampliar o servizo progresivamente, en función dos usuarios e usuarias do mesmo, tanto en canto aos horarios como ao número de paradas.

Durante a defensa da iniciativa na comisión, Rosana Pérez lembrou que o BNG xa impulsou en novembro de 2023 un acordo parlamentario para mellorar o servizo do transporte público no Barbanza. Acordo que foi esgrimido pola propia Consellería de Presidencia o pasado mes de xullo para transmitirlle aos alcaldes da zona que a concesión do transporte regular na zona sería obxecto dunha nova licitación para atender as demandas e necesidades das persoas usuarias do servizo de transporte que, denunciou, leva anos “sendo un auténtico caos”.  

Rosana Pérez recriminou ao PP o voto en contra dunha demanda “real” da veciñanza do Barbanza e convidou aos deputados do grupo maioritario a acudir calquera venres ou calquera domingo á estación de Catoira para ver “a cantidade de pais e de nais do Barbanza que se desprazan ata alí para levar aos seus fillos ou fillas”. 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...