O PSdeG reclama á Xunta que financie a construción do polígono industrial de Pedras Vermellas en Ribeira

16 Outubro 2024
Francisco Suárez-Puerta

O PSdeG-PSOE reclama á Xunta de Galicia o financiamento da creación do polígono industrial de Pedras Vermellas, no municipio de Ribeira. O Grupo Municipal Socialista no Parlamento galego presentou unha proposición non de lei para instar á Xunta a establecer ao longo do ano 2024 as liñas e contías de financiamento plurianuais necesarias para a construción do complexo empresarial.

O voceiro do PSdeG-PSOE de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, denunciou a “situación de éxodo de veciñanza e de empresas provocada pola falta de investimento da Xunta de Galicia na creación de chan industrial dentro do noso concello”.

Para o portavoz socialista local “isto é unha urxencia, porque as empresas ribeirenses non están podendo medrar e están tendo que marchar, e con elas os traballadores e traballadoras, xa que os polígonos onde poden desenvolverse as empresas están noutros municipios”.

Suárez-Puerta lamentou que “a Xunta non fixese practicamente ningunha achega máis alá dunha axuda para repotenciación do tendido eléctrico para o polígono industrial, a pesar de ter as competencias”, e engadiu que “agardamos que a Administración autonómica deixe de poñerse de perfil e aporte para facer realidade este polígono sen que o seu custo caia no Concello e polo tanto na veciñanza”, sinalou o socialista.

“É practicamente inviable que a construción do polígono industrial poida levarse a cabo só coa aportación do Concello debido ao seu elevado custo, polo que a aportación real da Xunta é esencial”, engadiu.

A moción, presentada no Parlamento de Galicia polas deputadas socialistas Patricia Iglesias Rey e Lara Méndez e o deputado socialista Julio Abalde, lembra que a “Consellería de Economía, Industria e Innovación ofreceu recentemente o apoio da Xunta de Galicia para a posta en marcha do novo polígono”.

Polo tanto, o Grupo Parlamentario Socialista reclama á Xunta que cumpra este compromiso, xa que a propia asociación de empresarios local “urxe que se axilicen os prazos deste proxecto vital para Ribeira e que se reduzan os prazos para que o polígono sexa unha realidade”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.