Palestra Xaquín del Valle-Inclán Alsina. XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

12 Outubro 2024

Unha palestra titulada O modernismo e as drogas desenvolveuse na tarde deste 11 de outubro no
auditorio da biblioteca municipal dentro da programación das XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán promovidas pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.


O modernismo foi, en palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, “un período de experimentación estética e visual” e Valle-Inclán foi unha figura “transgresora, que desafiaba as regras.” Nesa época era habitual o consumo de opio e absenta nos círculos artísticos, algo que se pon de manifesto dende o simbolismo francés ata o modernismo hispanoamericano.
Tamén interveu o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González, para indicar que esta conferencia a cargo do propio Xaquín del Valle-Inclán Alsina é un exemplo da calidade do programa de actos desta edición;
unha calidade que vai medrando ano a ano. Convidou, así mesmo, a desfrutar das artes escénicas no teatro cine Elma durante os domingos deste outubro valleinclaniano e que o público contemporáneo se mergulle
así na obra dun artista internacional traducido a 33 idiomas a través do talento interpretativo de compañías de renome no panorama galego e nacional.
Deseguido, Xaquín del Valle-Inclán Alsina ofreceu un contexto da época na viviu o seu antepasado: anos nos que a prensa e as revistas médicas contiñan anuncios e recomendacións do consumo de estupefacientes
para tratar enfermidades. Por poñer un exemplo, a revista da farmacoloxía española recomendaba o uso de xarope de morfina ou opio contra a febre tifoidea. “O que nós chamamos drogas, era parte do seu mundo habitual”, declarou o investigador. Se ben xa había voces críticas como o Diario El Sol que, en 1918, publicaba Madrid se envenena y la autoridad se inhibe, con relación ao uso popular da morfina. Segundo expuxo, moitos artistas e escritores utilizaban os estupefacientes como “unha maneira de adentrarse no misterio, de escapar do tempo e do espazo.” E, precisamente, iso era o que buscaba Ramón María del Valle-Inclán como
pode dilucidarse en obras como La lámpara maravillosa, no prólogo de La medianoche ou en La pipa de kif. Isto último, ao que o literato se refire como kif ou cáñamo índico, algo que fumaba habitualmente, é o que nós
coñecemos como haxix. Se ben, o relator indicou que para o seu avó “trátase dunha búsqueda de introspección. Non hai ningún interese no método placenteiro.” Constituía para el, polo tanto, unha vía para “explorar novas dimensións”, pero o fin último non era a inspiración para a creación literaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.