Presentación do IV Open Corrubedo de Spinning Galicia

11 Outubro 2024

O vindeiro 26 de outubro teremos esta cuarta edición de pesca con cana organizada polo club
Spinning Galicia.


Na presentación estiveron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o
concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e Ramón Portas
organizador e representante do club Spinning Galicia.
O concelleiro de Mar informou sobre as localizacións do Open “o permiso para esta edición xa
está expedido e será dende Río Sieira ata a Praia da Corna pasando polas Furnas, Espiñeirido,
Corgo, Punta de Corrubedo, Pedra das Vetas, Ladeira, Vilar, Couso, Aguiño ata Castiñeiras; isto
vai a ser o plan A, se as previsións meteorolóxicas o permiten, senón haberá un plan B que
sería dende Couso ata a Corna que tamén é unha boa zona de lubinas e sargos. Esperemos que
o mar tela unha voltiña boa para coller uns bos peixes” finalizou Abraldes.
Ramón Portas explicou “que isto do spinning é unha pesca deportiva onde só se utilizan
reclamos artificiais, vinilos e demais aparellos, non se utiliza ningún tipo de carnada viva; nesta
modalidade de pesca está adicada á lubina aínda que poden entrar outros tipos de peixe”.
Ramón animou a inscribirse xa que a data límite para facelo será o vindeiro domingo 20 de
outubro, non se admitirán anulacións despois desta data. As inscricións se farán por rigoroso
orde de ingreso bancario á conta ES 76 2080 5021 5930 4002 9633 co concepto do nome do
pescador ou pescadora ou polo wasap +34 640 85 79 75.
Suárez-Puerta dixo que xa é un Open consolidado en Ribeira e animou a todos/as afeccionados
a participar dunha xornada de pesca familiar e recordou que ao rematar haberá unha comida
cun ambiente moi distendido e de cambio de impresións e con entrega de agasallos e sorteos.
Fran Vidal explicou que o torneo disporá de tres categorías con premios para os tres primeiros
clasificados nas categorías, masculina, feminina e a de nenos.
Dende a organización agardan unha participación próxima ós 170 pescadores chegados dende
diferentes puntos de toda Galicia e incluso de fóra. Todo o peixe capturado será doado
posteriormente a unha entidade benéfica para o seu consumo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.