Nova imaxe institucional do Concello de Muros

11 Outubro 2024

O Concello de Muros presentou esta tarde a súa nova imaxe corporativa e institucional, unha nova marca que reflicte os elementos máis representativos do concello e o seu forte vínculo co mar.
Nun acto para o tecido asociativo e o conxunto da veciñanza celebrado no auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros, a alcaldesa, María Lago, destacou que “quixemos darlle presenza aos aspectos máis identificativos do noso concello, integrando todas as parroquias de Muros”.
A base principal do deseño é o mar do nordés, tan frecuente na ría e que transmite forza e personalidade, xunto a unhas formas curvas que fan referencia ós soportáis e construcións mariñeiras de Muros.
Os arcos buscan representar a parte máis terrestre do concello, as parroquias e a zona máis de montaña, mentres que o patrón simétrico das ondas da imaxe solápase para representar unhas escamas como símbolo da pesca.
“Queremos que o concello teña unha imaxe dinámica e visualmente atractiva, útil nun entorno dixital e que permita unha identificación clara”, engade María Lago.
Nesta liña incide Xaime Beiro, deseñador e autor da imaxe institucional: “O primeiro obxectivo era modernizar a imaxe cunhas liñas que se adaptaran ás novas tecnoloxías e ós novos formatos de comunicación”.
“Unha marca máis limpa e recoñecible na que o vínculo co mar sexa protagonista, un mar de nordés, un mar vivo e de carácter tan característico en Muros”, engade Beiro.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.