Unha persoa foi trasladada logo de sufrir un incendio nunha vivenda en Outes

08 Outubro 2024

O lume xa fora apagado antes da chegada dos servizos de emerxencias.

O 112 Galicia tivo constancia a través do sistema de alarma instalado na casa, pouco despois das 14:30 horas. Logo de contactar cunha das particulares que se atopaba nese momento na vivenda, esta indicou que ardera unha tixola na cociña e tamén parte dunha campá extractora.

Pese a que xa non existía lume, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do GES de Noia, que se desprazou ata o lugar de Braño, no Freixo de Sabardes, para realizar as comprobacións necesarias na vivenda por precaución.

Logo da súa chegada, os membros do GES explicaron que, ademais da campá, o lume tamén chegara a afectar a varios mobles da cociña e a unha parede. Do mesmo xeito, indicaron que unha das persoas que se atopaban na casa vírase afectada polo fume.

Despois desa información, desde o 112 Galicia pasouse tamén o aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron unha ambulancia ata o punto para atender á muller, a cal sería finalmente trasladada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.