Na xornada do sábado pola mañá teremos precipitacións febles e persistentes na franxa atlántica. Co avance da tarde as precipitacións iranse intensificando e xeneralizándose pola noite, terán intensidade localmente forte. As temperaturas mínimas sen cambios e as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán do suroeste con intervalos en terra e fortes no litoral atlántico.
Na xornada do domingo quedaremos influenciados polas baixas presións co paso dunha fronte activa durante as primeiras horas do día. Polo tanto, teremos os ceos nubrados con precipitacións máis persistentes na metade sur. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán moderados do suroeste.

O noso mar: Vento do sur á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 2 a 4 á mañá e á noite e 3 a 4 á tarde. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá, regular á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



