Noia celebra outubro cunha manchea de propostas musicais, teatrais e editoriais

04 Outubro 2024

Este comezo de outono vén ateigado de actividades en Noia. Logo do concerto de dA Trío deste sábado 6, o vindeiro 11 de outubro (ás 18.30 horas no Edifico Casino) o músico local Narci Rodríguez achega o espectáculo O son das palabras de Ler Conta Moito, para nenos e nenas de 6 a 8 anos (máximo de 50 persoas).

O 18 de outubro será a quenda de Eduvía, que achega outra función para a rapazada: Contos sensoriais para bebés. Será no Edificio do Casino ás 18.30h, para nenas e nenos de 0 a 3 anos.

O sábado 19 (ás 19.00 horas) o escritor local Xerardo Agrafoxo presenta o seu novo libro de viaxes: Un café en Bogotá e dúas tumbas en Medellín. Será no Coliseo Noela. O escritor noiés estará acompañado da Escola de Danza Oites, dirixida por Verónica Martínez. Entrada libre.

O domingo 20 de outubro Teatro de Cámara Ditea representa a funciónUn mal día teno calquera, dirixida por Fran Rei. Será no Coliseo Noela a partir das 20.00 horas.

O venres 25 de outubro a Compañía Garabullo organiza un obradoiro de cómics no Edificio Casino, a partir das 18.30 horas, para rapazas e rapaces de idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos.

O 26 de outubro César Ferrador presenta o seu novo libro, Sete mil leguas alén do Miño, no Edificio Casino a partir das 20.00 horas. Intervirán o autor, María Creo (editora técnica) e Lucía Ventoso (Tórculo). Organiza María Creo. Entrada libre até completar o aforo.

Entre o mércores 30 de outubro e o sábado 9 de novembro celebrarase a Mostra de Curtas de Noia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.