
Este luns 23 presentouse en Santa Uxía a primeira edición do concurso de relatos breves Ecos da Mente, impulsado pola asociación barbanzá de saúde mental A Creba e enmarcado nunha serie de actos para a conmemoración do Día da Saúde Mental o vindeiro 10 de outubro. Para a súa presentación acudiron Cruz Rivadulla, concelleira de Educación e Montserrat Vila, coordinadora e psicóloga do CRPL Barbanza.
Rivadulla explicou que a celebración do día visualiza o problemática mental pero realmente “debemos traballar nela tódolos días do ano”. Explicou tamén que o concurso esta enfocado aos colexios pero tamén á mocidade en xeral e uqe a temática estará enfocada na saúde mental así como en tódolos os aspectos da mesma, a estigmatización, os prexuízos, os tabús…
Están convocadas todas as persoas que desexen participar a partir de 12 anos, que concursarán en 4 categorías: unha adolescente (12 e 16 anos); xuvenil (16 a 30 anos); categoría adulta (máis de 30 anos); e a categoría diversa, dirixida a persoas con diversidade funcional de máis de 16 anos.
Os traballos realizaranse en galego, orixinais e inéditos, cunha extensión máxima de 1.000 palabras (sen incluír o título) e cunha temática que trate sobre a saúde mental.
O prazo de presentación remata no día 16 de outubro do ano 2024.
Monserrat anunciou que “o xurado estará formado por tres persoas con ampla formación literaria e haberá tamén un xuíz que terá voz pero non voto para valorar as propostas que acheguen a este concurso”.
Premios
Categoría diversa: 1º premio, un vale de 90 € nos comercios de Ribeira e 2º premio de 60 € nos comercios de Ribeira e mais un lote de artesanía da Asociación Saúde Mental A Creba.
Categoría adulta: 1º premio, un vale por valor de 150 € nos comercios de Ribeira e mais un lote de artesanía da Asociación Saúde Mental A Creba.
Categoría xuvenil: 1º premio, un vale por valor de 150 € nos comercios de Ribeira e mais un lote de artesanía da Asociación Saúde Mental A Creba.
Categoría adolescente: 1º premio, un vale de 80 € nos comercios de Ribeira e mais un lote de artesanía da Asociación Saúde Mental a Creba; 2º premio de 40 € nos comercios de Ribeira máis un lote de artesanía da Asociación Saúde Mental A Creba.
As bases publicaranse na páxina do Concello.




