Ciclistas e corredores teñen unha cita deportiva de primeira o 28 de setembro coa VII Subida á Curota

23 Setembro 2024

Este sábado 28 de setembro vaise celebrar na Pobra a VII Subida á Curota. Esta proba reúne a práctica do atletismo (carreira a pé), dende a sub-18 ata a máster, e a do ciclismo: BTT (máster 30, máster 40 e máster 50) e bicicletas de estrada (cadete, júnior, sub-23, elite, máster 30, máster 40 e máster 50). Ciclistas e corredores deberán completar unha distancia de 9 quilómetros nun circuíto que ten a praza Alcalde Segundo Durán como punto de partida e A Curota como meta.

As saídas efectuaranse a partir das 17.30 horas para a BTT -cada medio minuto, unha persoa participante-, ás 18.00 horas para a carreira a pé -conxunta- e nas 18.15 horas para as bicicletas de estrada -cada minuto, unha persoa participante-. Estímase unha participación de 200 deportistas.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, declarou na presentación da nova convocatoria que se inaugura con ela a tempada de competicións deportivas que transcorrerán na localidade nos vindeiros meses. Tamén salientou á “vistosidade” da mesma ao “coñecer a través da práctica deportiva unha parte do noso núcleo urbano para despois dirixirse por zonas do rural do noso municipio e rematar nunha paraxe natural de gran valor”.

O edil agradeceu ademais o traballo da Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e da Federación Galega de Atletismo, organismos promotores xunto coa Administración local, ademais da colaboración de Sport Bike e do Motoclub SinFrenos e todo o dispositivo que velará pola seguridade, entre eles, a Protección Civil.

Pola súa parte, a técnica municipal dos Deportes, Ana Romero, indicou que a organización porá a disposición autobuses para o traslado das e dos deportistas dende a meta ao lugar de saída para proceder coa entrega das distincións: trofeos para as tres primeiras persoas clasificadas por categorías e o repartimento de 1950 euros en premios económicos aos tres mellores tempos en carreira a pé, bicicleta de estrada e BTT.

As inscricións formalizaranse a través da páxina web www.emesports.es, por un importe de 6 euros, ata as 23.59 horas do 26 de setembro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...