Convocado o XI Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero

19 Setembro 2024

A Deputación da Coruña vén de convocar o XI Premio Concepción Arenal a proxectos educativos pola igualdade de xénero. O prazo de presentación de traballos estará aberto desde o 20 de setembro ata o 31 de outubro.

O certame repartirá 15.000 euros en premios: 5.000 para o gañador das tres categorías a concurso: Educación infantil; Educación primaria e Educación secundaria, bacharelato e formación profesional básica e grao medio.

Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan esas tres modalidades de ensino.

O obxecto do certame é deseñar e executar proxectos educativos que procuren o desenvolvemento de habilidades para a identificación e o rexeitamento dos estereotipos sexistas que contribúen a xerar e manter a violencia de xénero, así coma a construción de esquemas alternativos que axuden a comprender e respectar a igualdade de oportunidades reais entre sexos, a igualdade de trato e a non discriminación por razón de orientación sexual e identidades de xénero.

A presentación dos proxectos e todos os trámites da convocatoria realizaranse por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesíbel dende a sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña.

As bases do certame están publicadas no BOP do 29 de agosto, en formato PDF.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.