Isabel Cañas (CONGALSA) reivindica as posibilidades paisaxísticas e urbanísticas da Tomada ante a conselleira de Medio Ambiente

17 Setembro 2024

Tal e como informamos neste medio a primeira hora da tarde, este martes 17 de setembro o equipo directivo da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Tomada, liderado pola súa presidenta e directora de Relacións Externas de CONGALSA, Isabel Cañas, recibiu a visita da conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez Mejuto, con motivo da posta en valor da Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das áreas empresariais. Deste xeito, Isabel Cañas destacou que “a integración paisaxística parécenos fundamental e, por iso, queremos introducir no polígono da Tomada boas prácticas, que non só respecten a contorna, senón que tamén contribúan a mellorar a paisaxe no que operamos”.

Segundo engadiu, un dos obxectivos do novo equipo directivo da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Tomada é “mellorar a contorna industrial e xerar espazos máis sostíbeis e en harmonía visual coa contorna”. Nesta liña explicou que “cremos que o equilibrio entre desenvolvemento industrial e respecto ao medio ambiente é clave para o futuro, e estamos orgullosos de liderar iniciativas nesta dirección.” Ademais da contribución da Xunta de Galicia, tamén agradeceu a implicación da Fundación RIA, e do seu director, Manuel Rodríguez, neste proxecto de mellora urbanística do polígono industrial. Segundo este fío, sinalou que xa recibiron un “grupo de alumnos de Arquitectura para darlles a coñecer os retos do polígono e das nosas empresas.” Para finalizar a presidenta da Entidade Urbanística e directora de Relacións Externas de CONGALSA, mostrouse convencida de que “traballando xuntos, Xunta de Galicia, Concello da Pobra, empresas e entidades como a Fundación RIA, converteremos o polígono industrial da Tomada, nunha área empresarial referente e exemplo de sustentabilidade e harmonía coa contorna”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.