O empresariado e o Concello da Pobra trasladan a Ángeles Vázquez a súa vontade de converter A Tomada nun modelo de integración paisaxística

17 Setembro 2024

Na mañá deste martes 17 de setembro a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, reuníase na Pobra do Caramiñal con representantes da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Tomada e do Concello (o alcalde José Carlos Vidal e a concelleira Patricia Lojo, entre outras/os). A conselleira salientou o seu interese, e dos empresarios, por adaptar este espazo ás recomendacións recollidas pola guía para a integración paisaxística destas áreas que foi elaborada pola Xunta.

Asemade, quixo salientar a importancia o compromiso desta asociación empresarial co fermosismo, coa súa decisión de aplicar esa guía como “punto de partida e referente” para levar a cabo melloras na área industrial de cara a compaxinar as infraestruturas necesarias para o desenvolvemento das actividades económicas coa creación de espazos integrados na paisaxe.

Seguindo ese fío, Ángeles Vázquez fixo fincapé na mellora da calidade do aire ou a redución da demanda enerxética.

Lembrou ademais que a Guía de boas prácticas para a integración paisaxística das áreas empresariais, que tamén está dispoñíbel en formato dixital, subliña aspectos como o deseño xeral do polígono industrial, a integración na contorna na que se localiza, a adaptación á topografía, o coidado da imaxe dos accesos, a creación de espazos de reunión como áreas de descanso, paseos peonís, carrís bici ou a harmonización de materiais e cores. Tamén, dixo, inclúe un capítulo adicado á elaboración de proxectos de conservación para mellorar a integración paisaxística das áreas existentes e para prever o axeitado deseño das novas.

Engadiu que as Guías de boas prácticas e recomendacións datan do ano 2012, e son unha ferramenta da Xunta e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) prevista no regulamento da Lei de protección da paisaxe de Galicia para divulgar os valores paisaxísticos da Comunidade e que certo tipo de actuacións (edificacións, peches, equipamentos de uso público, etc) poidan lograr unha boa integración e un equilibrio coa contorna onde se sitúan. Xa foron publicados 17 volumes, dispoñíbeis tamén en dixital, e hai varias guías en elaboración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.