A Pobra celebra este domingo a procesión das mortallas

14 Setembro 2024

A época festiva despedirase na Pobra do Caramiñal co Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Do 13 ao 16 de setembro desenvolvese unha nutrida programación lúdica da que destaca a novidade que iluminará o ceo nocturno da localidade no luns 16, como broche de ouro do cartel. Aquí combinaranse drons, de Flock Drone Art, e fogos de artificio ao compás da música, converténdose no primeiro espectáculo destas características en toda Galicia, para o cal se recomenda situarse no propio paseo dos Areos, a partir da rampla, mirando cara o mar.

E na vertente relixiosa a procesión votiva das mortallas atraerá a multitude de fieis no domingo 15, con saída dende a igrexa de Santiago do Deán, ás 10.30 horas. Para garantir que todo transcorra sen incidentes, o Concello porá en marcha un amplo dispositivo de seguridade e emerxencias sanitarias. Activarase, así mesmo, o Espazo Violeta, na praza Alcalde Segundo Durán, cun horario vencellado ao ocio nocturno.

Este período festivo iniciouse o venres 13, xornada na que se celebreou o pregón a cargo da Protectora Moura. E, para outorgarlle un matiz característico, convídase a veciñanza e visitantes a que asistan coas súas mascotas. Para o rexedor, esta decisión fundaméntase “no recoñecemento do activismo e do encomiábel labor deste grupo de persoas voluntarias para a defensa dos animais mediante a protección e rescate daqueles en situación desfavorecida ou de desamparo, así como na xestión e seguimento de adopcións.”

O momento máis agardado é a procesión votiva das mortallas, no terceiro domingo do mes, día 15. Sairá da igrexa de Santiago do Deán, ás 10.30 horas, acompañada de fieis. Posteriormente, oficiarase a misa cantada no dito templo. Dende ben cedo, ás 10.00 horas, farán entrada na localidade a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, a Banda de Gaitas Agarimo de Catabois, o Grupo de Gaitas O Son do Pote e o Grupo de Gaitas Xiada, ademais dos concertos nos Xardíns de Valle-Inclán, na praza de Maura e na de Victoriano García Martí, ás 13.00 horas.

Procesión do do Nazareno 2023

Así mesmo, os Xardíns converteranse en escenario musical coas actuacións do Grupo de Gaitas O Son do Pote e a Banda de Gaitas Agarimo de Catabois, ás 18.15 horas; o Coro Tradicional Ximiela, ás 19.00 horas; e a Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, ás 20.00 horas. Tocará bailar a partir das 21.30 horas con La Oca Band e Olympus, na praza Alcalde Segundo Durán.

Será o momento de despedir as Festas do Nazareno no luns 16, festivo local. As ruadas arrancarán ás 10.30 horas coa Banda de Música de Muimenta, a Banda de Gaitas Os Chaneiros, o Grupo de Gaitas O Son do Pote e o Grupo de Gaitas Xiada (que fará alborada polo rural). Así mesmo, Os Chaneiros dinamizará os Xardíns de Valle-Inclán, a praza de Maura e a de Victoriano García Martí, das 12.30 horas en diante, mentes que O Son do Pote fará o propio polas rúas da hostalaría. A zona da Covecha encherase de cor coa Festa Holi Pobra, ás 16.30 horas, que non require inscrición para asistir. Despois tocará desprazarse novamente aos Xardíns, ás 19.00 horas, para escoitar a tódalas agrupacións. E a París de Noia marcará o ritmo da noite, a partir das 21.00 horas, na praza Alcalde Segundo Durán, para contempla-lo espectáculo no ceo nocturno, ás 00.15 horas, como colofón.

Plano do espectáculo de drons e fogos de artificio

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.