A Xunta impulsa a mellora paisaxística de porto de Boa en Porto do Son

03 Setembro 2024

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, desprazouse este 3 de setembro a Porto do Son onde visitou a zona de amarres do porto de Boa, lugar no que se acometerá unha actuación de embelecemento e mellora do litoral co apoio de Turismo de Galicia cun investimento de 80.000 euros. Trátase dun dos proxectos beneficiarios da segunda convocatoria da liña de axudas destinada a concellos galegos para levar a cabo accións de adecentamento do litoral e potenciar así o seu uso turístico, cun investimento global de 2,7M€.

Xosé Merelles puxo de manifesto o apoio que Turismo de Galicia está a dar aos concellos galegos para “axudar a desconcentrar a actividade turística con accións que contribúan a mellorar os seus recursos turísticos”. Referiuse á liña de axudas da que foi beneficiario o proxecto visitado este 3 de setembro que forma parte dos 64 proxectos en 41 concellos do litoral galego que comprenden iniciativas como melloras paisaxísticas en paseos marítimos, creación de contidos e recursos turísticos dixitais, recuperación de sendeiros ou sinalización, entre outras.

Na súa estadía no Son o director de Turismo de Galicia atendeu ás explicacións do equipo técnico que informou da actuación programada no porto de Boa. O proxecto suporá intervir nuns 300 metros cadrados, de forma que se acondicionará o espazo, recuperando e poñendo en valor os amarres protexidos segundo o Catálogo do Patrimonio Arquitectónico e se construirán unha serie de plataformas pavimentadas de interrelación transitoria entre o paseo e a praia.

“O resultado final permitirá o uso mixto pesqueiro e náutico-deportivo e tamén a realización de actividades complementarias, para desfrute de residentes e visitantes”, asegurou Xosé Merelles, engadindo que esta liña de axudas é unha das actuacións incluídas no Plan Territorial de Sostibilidade Turística do Litoral posto en marcha polo Goberno galego con fondos Next Generation. Concedéronse en réxime de concorrencia non competitiva e, entre outras, subvencionáronse accións que afondasen na transición verde e ecolóxica para a rehabilitación do patrimonio en espazos singulares do litoral, tamén accións de transición dixital e accesible e inclusiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.