Permanece aberto o prazo para participar nunha nova edición da campaña de recollida de residuos ‘1m2 polas praias e mares’

26 Agosto 2024

O prazo para inscribirse na nova edición da campaña 1m2 polas praias e mares permanecerá aberto ata o 15 de setembro para os interesados en participar nas xornadas de limpeza e recollida de residuos que terán lugar entre o 21 de setembro e o 6 de outubro.

Esta iniciativa é unha das accións máis coñecidas do programa Libera, creado por SEO/BirdLife e Ecoembes e coa que colabora a Xunta de Galicia, para loitar contra a presenza de lixo na natureza e sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de atallar este problema medioambiental.

Con este tipo de campañas de sensibilización e mobilización cidadá contribúese a eliminar da contorna natural todo tipo de residuos perigosos como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos.

Cómpre lembrar que esta nova acción voluntaria forma parte das limpezas periódicas de 1m2 polas contornas –que inclúe tamén as accións de 1m2 contra a basuraleza, 1m2 por ríos, encoros e pantanos e 1m2 polo campo, os bosques e o monte-, cuxo obxectivo non é só liberar a natureza de lixo, senón caracterizar e tipificar os residuos que se atopan en cada punto de limpeza, a través do uso da ciencia cidadá.

Galicia é unha das comunidades autónomas máis implicadas na tarefa de conservación dos espazos naturais e, de feito, o nivel de participación dos galegos nas actividades de colaboración que se organizan ao longo do ano para loitar contra a chamada basuraleza é cada vez maior.

Os interesados en colaborar con esta campaña poden consultar todos os detalles na páxina web do proxecto Libera.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.