A directora de Traballo Autónomo visitou o club Barbanza Golf, beneficiario do bono de economía social da Xunta

26 Agosto 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, visitou este luns 26 de agosto as instalacións do club Barbanza Golf, sociedade laboral con sede en Boiro e beneficiaria do Bono consolida economía social en 2024 cun apoio de preto de 27.000 euros.

Esta liña de axudas, dotada cun orzamento total de 2,7 millóns de euros, está dirixida especificamente a sociedades cooperativas, sociedades laborais, empresas de inserción e centros especiais de emprego. O seu obxectivo é apoiar a consolidación das entidades da economía social, así como reforzar a súa presenza no tecido económico de Galicia, con especial incidencia na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética.

Ademais, a Xunta de Galicia ten en marcha na actualidade a segunda Estratexia da Economía Social, unha planificación con horizonte 2027 e un orzamento de 174 millóns de euros coa aspiración de xerar 4.000 empregos e posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.