Un condutor foi trasladado logo de envorcar co seu coche en Noia

23 Agosto 2024

Ocorreu na parroquia noiesa de Roo, e só houbo un vehículo implicado.

Foi un particular quen, instantes despois das 15:30 horas, contactou co 112 Galicia e sinalou que un coche acababa de saírse da vía no quilómetro 29 da CG-1.5, envorcando. O condutor estaba xa fóra do vehículo, pero precisaba asistencia sanitaria.

Con estes datos, desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES e dos voluntarios de Protección Civil de Noia, así coma dos servizos de mantemento da estrada.

Tras rematar a súa intervención, os servizos de emerxencias confirmaron que o ferido foi trasladado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.