A Deputación promociona en Gastromar os produtos locais de Ribeira cun espazo propio con diferentes actividades

22 Agosto 2024

 A Deputación da Coruña participará esta fin de semana na feira Gastromar que, organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira, terá lugar na praza de España dende o 23 ata o 25 de agosto. A entidade provincial contará cun espazo propio onde se celebrarán actividades para todos os públicos durante os tres días: showcookings con produtos locais e un obradoiro infantil.

O venres 23 e o sábado 24, o cociñeiro Javier Arca, do Sisal by Chicolino (Pobra do Caramiñal), impartirá showcookings ás 12h a base de produtos locais de Ribeira como navallas ou ameixas. Ademais, o domingo 25 haberá un obradoiro infantil.

A colaboración da Deputación, a través da área de turismo, con esta cita gastronómica, forma parte do seu compromiso co apoio a eventos que poñen en valor a gastronomía local e coa promoción dos produtos de proximidade, que se enmarca na súa campaña turística e gastronómica ‘A provincia que sabe’.

A través desta campaña, a institución viaxa a diferentes feiras de todo o Estado, nas que promociona a materia prima de diferentes produtores e produtoras locais da provincia, e tamén o traballo de cociñeiros e cociñeiras que exhiben nestos espazos o seu bo facer impartindo showcookings.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.