As Cíes, broche de ouro ás viaxes en catamarán con saída dende A Pobra neste verán

20 Agosto 2024

Baixo o slogan A Pobra do Caramiñal, vive a experiencia…, a Concellaría do Turismo artellou para este
verán seis viaxes no total, en catamarán, ao Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas. Estas chegarán á súa fin proximamente coa saída ás Cíes, no 1 de setembro.
Pero a oferta turística non quedou aquí. A Administración local potenciou os recursos do municipio a través de buses lanzadeira ao miradoiro da Curotiña e ao río das Pedras, rutas guiadas por esta última paraxe natural, turismo mariñeiro e viaxes en veleiro.
O prezo para se dirixir ás Cíes sitúase nos 34 euros por persoa adulta, con ruta guiada incluída. No que respecta ás crianzas entre 4 e 12 anos, o importe por pagar establécese nos 18 euros.
As reservas formalizaranse a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou do teléfono de contacto 986320048. Para a resolución de dúbidas tamén están ao dispor os teléfonos do Departamento do Turismo: 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.