Santiago e Teo homenaxean ao seu ex rexedor Ánxel Casal

19 Agosto 2024

Goretti Sanmartín asegurou que “a memoria histórica é de gran importancia” porque “axuda a resignificar os feitos a partir do presente poñendo en perspectiva o vivido no pasado”. Así o afirmou duranto o acto en lembranza a Ánxel Casal, alcalde de Santiago de Compostela no 1936, celebrado no Pazo de Raxoi no que tamén interviron o alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril; e o edil Juan Jesús Cerqueiro en representación do Concello de Teo.

Políticos, autoridades e representantes de de diversas asociacións e colectivos que traballan en prol da memoria histórica déronse hoxe cita no Pazo de Raxoi no acto en lembranza a Ánxel Casal, alcalde de Santiago de Compostela en 1936

Goretti Sanmartín subliñou hoxe a gran importancia da memoria histórica, destacando que «axuda a resignificar os feitos a partir do presente, poñendo en perspectiva o vivido no pasado». A rexedora destacou o labor de figuras como Ánxel Casal e María Miramontes, a súa compañeira de compromiso político e de vida, cualificándoos como «referentes para o noso país» debido á súa loita, enfatizando tamén que «as lembranzas transfórmanse nos cimentos do futuro» e que reivindicar a memoria histórica contribúe a construír «a sociedade que busca este Goberno: máis libre, máis xusta e máis nosa».

Esta aproveitou para manifestar a urxencia de «recordar» en todos os ámbitos: nas rúas, nas conversas, na cultura, nas aulas, na política e nas propias administracións e subliñou o compromiso do seu goberno coa reivindicación de que a memoria histórica sexa unha parte viva da nosa identidade colectiva.

Este acto de homenaxe contou tamén coas intervencións de Xoán Xesús Carril e Juan Jesús Cerqueiro Pintos, concelleiro de Servizos Sociais e Relacións Veciñais de Teo, e estiveron presentes autoridades como Antonio López, reitor da USC, e Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego. A música estivo a cargo do grupo Carapaus.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.