“Xa están en Galicia os corpos dos tres galegos mortos no naufraxio do Argos Georgia”. Antón Luaces

19 Agosto 2024

Após 28 dias de espera, finalmente as familias dos tripulantes galegos do pesqueiro anglonoruegués Argos Georgia xa poden velar os seus corpos nos lugares de residencia: Antonio Barreiros, de 53 anos, segundo enxeñeiro do buque; César Acevedo, patrón de pesca, de 56 anos, e Santiago Leyenda, cociñeiro principal, de 40 anos. 

Todos eles chegaron poucos minutos antes das cinco da tarde deste luns nun avión comercial procedente de Gran Bretaña, vía Madrid. 

No aeroporto de Alvedro (Culleredo) agardaban numerosos familiares e unha representación oficial encabezada polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o conselleiro do Mar da Xunta, Alfonso Villares. 

Esa espera de 28 días foi imposta seguindo os requisitos a este respecto estipulados polas autoridades británicas (as illas Malvinas estàn baixo da súa xurisdicción). O féretro co corpo de Santiago Leyenda foi trasladado a Baiona; o de César Acevedo a Vigo, e o de Antonio Barreiro, a Noia.

 No Argos Georgia ían 27 tripulantes (dous observadores científicos), dez deles de nacionalidade española. O balanzo desta traxedia deixa 9 falecidos e 4 galegos desaparecidos (destes, os tres galegos trasladados este luns a Alvedro). O mariñeiro desaparecido, Juan Antonio García Rey, é de Ribeira. 

Os cadáveres dos mariñeiros galegos César Acevedo, Santiago Leyenda e Antonio Barreiro, recuperados tras o naufraxio do pesqueiro Argos Georgia, ocorrido o pasado 23 de xullo ao oeste das Malvinas, chegaron na tarde deste luns ao aeroporto coruñés de Alvedro, nun voo procedente de Reino Unido.

Os corpos dos tripulantes galegos (de Vigo, Baiona e Noia, respectivamente) foron recibidos na terminal coruñesa polos seus familiares, así como polo delegado do Goberno, Pedro Blanco, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, case un mes despois de que o pesqueiro afundise a unhas 200 millas ao oeste de Malvinas.

As autoridades e familiares accederon á terminal coruñesa por unha zona restrinxida próxima ao edificio principal de Alvedro.

Os cadáveres serán trasladados a vehículos fúnebres na propia pista, unha vez cumprimentados os trámites documentais que se requiren nestes casos, tras o que sairán do aeroporto con destino ás súas respectivas localidades.

Algúns familiares criticaron a “desesperación” que lles supuxo esperar case un mes pola repatriación do cadáver.

“Foi demasiado longo, case un mes no que vas contando día a día, esperando a ver se ao seguinte vas ter noticia de que xa o repatrian, pero ese día nunca chegaba”.

O pesqueiro afundiu nas Malvinas o pasado 22 de xullo. Catorce persoas lograron sobrevivir, entre eles seis españois. Nove tripulantes morreron, tres deles galegos, e outros catro non apareceron, entre os que se atopa o galego Juan Antonio García Rey, Pichón, cambio de máquinas, de Ribeira (A Coruña).

Os sobreviventes españois foron repatriados o 28 de xullo, menos dunha semana despois do naufraxio, pero os corpos das vítimas mortais non puideron ser trasladados no avión militar fretado polo Goberno de España debido aos protocolos esixidos polas autoridades británicas.

Así, os corpos dos nove falecidos no afundimento do palangreiro foron trasladados a Gran Bretaña e aterraron o 31 de xullo en Brize Norton, no condado de Oxfordshire, para sometelos aos exames forenses que confirmaron que entre eles estaba o tripulante de Noia Antonio Barreiro, quen inicialmente figuraba como desaparecido.

O Goberno tratou de axilizar a burocracia para traer a Galicia a Antonio Barreiro, Santiago Leyenda e César Acevedo, aínda que o traslado correspondeu á armadora e xa se asumía que polo menos ía demorar unhas dúas semanas.

A bordo do buque había 27 tripulantes, entre eles 10 españois (dous deles observadores científicos).

Dos corpos recuperados, tres pertencen aos mariñeiros galegos que chegaron este luns ao aeroporto da Coruña, mentres que outro tripulante galego, Juan Antonio García Rey, de Ribeira, permanece desaparecido.

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.