O Concello de Ribeira convoca un certame de decoración de establecementos no marco de Artemar

07 Agosto 2024

Con motivo da feira artesanal e mariñeira Artemar, que comeza o 15 de agosto, o Concello de Ribeira vén de impulsar un novo Concurso de Decoración de Establecementos. Nel poderán participar todos os negocios da cidade sen necesidade de inscribirse, e dende o Consistorio anímase ao tecido empresarial a decorar os seus establecementos con temática mariñeira coincidindo coa feira, do 15 ao 18 de agosto.

Nas bases faise saber que os negocios mellor valorados elixiranse por votación popular. Serán as persoas que acudan a visitar a cidade e os postos de Artemar neses días os que poderán votar, acudindo á Oficina de Turismo do Malecón e cubrindo unha papeleta cos seus datos, en horario de 18.00 a 21.00 horas (o xoves), de 12.00 a 21.00 horas (o venres), e de 12.00 a 18.00 horas (o sábado e o domingo).

O luns 19 de agosto ás 12:00 horas na propia Oficina de Turismo procederase a apertura da

urna e ao reconto dos votos e a sacar tamén un boleto gañador.

Os tres establecementos da cidade mellor valorados recibirán cadanseu “lote de conserva artesanal FRINSA”, e tamén entre todas as persoas votantes sortearase outro lote máis.

O Concello de Ribeira contactará con estes establecementos así como coa persoa votante gañadora para entregarlles os seus agasallos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.