Rianxo celebrou a Festa do Mexillón e Aguiño a da Navalla

04 Agosto 2024

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na Festa do Mexillón de Rianxo, unha celebración gastronómica xa tradicional nesta localidade mariñeira onde é posible degustar unha amplia variedade de
mexillóns. Nesta liña, o responsable autonómico destacou que a acuicultura de Galicia constitúe unha fonte fundamental de proteína alimenticia que combina os esforzos e colaboración do sector e da administración. De feito, durante o ano 2023, Portos de Galicia investiu en Rianxo 2,6 millóns de euros para a construción de novos departamentos, ampliación dos pantaláns pesqueiros e renovación de defensas.
Esta cita cumpre a súa décimo terceira edición, motivo polo que o titular de Mar aplaudiu a labor que xogan os responsables na promoción e posta en valor do mexillón, que fan de Galicia a principal potencia de pesca extractiva a nivel europeo. Ademais, Alfonso Villares enxalzou a calidade do produto e a creatividade, variedade e sabor das diferentes receitas e propostas dos profesionais da cociña involucrados, uns chefs e camareiros aos que considerou como aliados da cadea mar-industria para difundir o produto entre a poboación.

O porto de Aguiño foi o escenarioeste domingo a oitava edición da Festa dá Navalla. Este evento, que se recuperou o ano pasado tras oito de ausencia, é organizado pola comisión de festas da parroquia e a asociación cultural O Serriño, co apoio da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño e o Concello de Ribeira.

Festa da Nvalla Aguiño. RR.SS

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.