Izadas as bandeiras Azul e Q de Calidade Turística no Náutico de Portosín

03 Agosto 2024

Este sábado 3 de agosto oficializouse o izado das bandeiras Azul e Q de Calidade Turística no Club Náutico de Portosín, distintivos que acreditan que os seus servizos e instalacións cumpren cuns criterios moi rigorosos e exixentes de calidade. Izouse ademais a bandeira S de Sustentabilidade Turística, que se lle concede por primeira vez ao club de Portosín. No acto tamén se levou a cabo a bendición das 14 embarcacións dos socios que se incorporaron recentemente ao club. Na cita participaron o alcalde sonense Luis Oujo e a delegada da Xunta Belén do Campo, entre outros representantes da política e do deporte.

No caso da bandeira azul trátase dun distintivo co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) recoñece anualmente a areais, portos deportivos, centros e sendeiros seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos. No acto a representante do Goberno autonómico tamén participou na entrega da insignia Q de Calidade Turística.

Belén do Campo lembrou que Galicia conta este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul. Desde xeito, Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para os seus areais, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Así mesmo, ADEAC tamén recoñece os servizos e o bo estado dos portos deportivos. Das 102 instalacións recoñecidas no conxunto do país, 11 están en Galicia, unha menos que na pasada edición, xa que o Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz non presentou candidatura este ano por estar en obras.

Q de Calidade

Este recoñecemento concédese a esta entidade por 33º ano consecutivo, feito que converte ao Real Club Náutico de Portosín no máis veterano de Galicia con este recoñecemento e o único que o ostenta desde a súa creación.

Belén do Campo destacou a aposta pola calidade que desde Turismo de Galicia se está a facer como elemento diferenciador e de posicionamento do destino: “Galicia Calidade é moito máis que unha frase ou un slogan, representa o impulso cara a excelencia no que levamos traballando desde hai moito tempo desde a Xunta de Galicia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...